Jerome Bruner
Jerome Seymour Bruner, nado o 1 de outubro de 1915 en Nova York e finado o 5 de xuño de 2016 na mesma cidade, foi un psicólogo estadounidense, de familia polonesa. Profesor de psicoloxía en Harvard e despois en Oxford, escribiu importantes traballos sobre educación, liderou o que veu a ser coñecido como Revolución Cognitiva, na década de 1960. Esta introduce novas perspectivas no estudo da mente, superando os postulados colocados até aquela época polo behaviorismo, que puña o foco só nos fenómenos observábeis. Durante o goberno dos presidentes Kennedy e Johnson dirixiu o Comité de Ciencias (Science and Advisory Committee). Foi profesor da Escola de Dereito da NYU.As súas publicacións máis importantes son ''Sobre o Coñecemento: Ensaios da man esquerda'' (1960) ''O Proceso da Educación (1961), ''Actos de Significación'' (1990), ''A Cultura da Educación'' (1996). Provided by Wikipedia